Lydia Pérez e Carmen Salgado, medallistas no Torneo Internacional Xóvenes Promesas de loita

Pontevedra
02 de maio 2016

As deportistas do Club de Loita Pontevedra foron protagonistas da competición celebrada na localidade murciana do San Javier

Deportistas galegos no Torneo Internacional Xóvenes Promesas de loita
Deportistas galegos no Torneo Internacional Xóvenes Promesas de loita

O Torneo Internacional Xóvenes Promesas de Loitas Olímpicas, celebrado durante a fin de semana na localidade murciana de San Javier, tivo acento pontevedrés grazas á boa actuación de Lydya Pérez e Carmen Salgado.

As deportistas do Club de Loita Pontevedra conseguiron subir ao podio nas súas respectivas categorías.

Lydya Pérez impúxose en 59 quilos, mentres Carmen Salgado fixo dobrete conseguindo o bronce en 56 quilos cadete e tamén en 55 quilos junior.

Tras esta competición as representantes pontevedresas do Club de Loita permanecerán ata o 6 de maio concentradas co equipo nacional no Centro de Tecnificación Deportiva Infanta Cristina de Murcia. A concentración ten como obxectivo definir os equipos que participarán nos próximos campionatos de Europa e do Mundo nas categorías cadete e junior.