Lydia Pérez viaxa a Suecia para preparar o Campeonato do Mundo de loita

Pontevedra
05 de agosto 2022

Acudirá do 7 ao 18 de agosto a cidade sueca de Helsinborg coa Selección Española como parte da súa preparación de cara ó Campionato do Mundo absoluto que se celebrará do 10 ó 18 de setembro en Belgrado

Lydia Pérez, nos Xogos do Mediterráneo
Lydia Pérez, nos Xogos do Mediterráneo / Comité Olímpico Español

A pontevedresa Lydia Pérez ten un final de tempada do máis apretado de cara á cita mundialista do mes de setembro. Acudirá do 7 ao 18 de agosto a cidade sueca de Helsinborg coa Selección Española como parte da súa preparación de cara ó Campionato do Mundo absoluto que se celebrará do 10 ó 18 de setembro en Belgrado.

Ata alí viaxará acompañada pola tamén representante española, a andaluza Marina Rueda, e pola seleccionadora Aurora Fajardo.

Esta concentración internacional, indican desde a Federación Galega de Loita, será "unha boa preparación", xa que esté é un país con "grandísimos resultados en loita feminina" e no que Lydia Pérez estivo en numerosas ocasións para adestrar.

Antes de viaxar a Suecia, Lydia Pérez estivo traballando cos técnicos do CGTD, Marcos Miragaya e Rubén Méndez, para pulir o traballo técnico e realizar exercicios específicos.