A Selección Española de Loita prepararse para debutar esta tempada nas World Series de Loita Praia.
Farao na terceira proba puntuable do calendario internacional que se celebrará os días 20 e 21 de xuño en Batumi (Xeorxia).
Alí estará a pontevedresa Lydia Pérez Touriño, que regresa á area internacional tras o éxito da pasada tempada, cando venceu nas dúas últimas paradas das World Series para levar o segundo posto na clasificación final do campionato.
Lydia, que vén de revalidar o seu cetro nacional en Sagunto, terá en Xeorxia entre as súas máximas rivais na categoría de 60 quilos ás ucraínas Kravchenko, Kushnir e Moskalova.
Ademais no seu mesmo peso competirá tamén outra española, Vicky Báez.
As World Series de Xeorxia van iniciarse este venres 20 de xuño, coas finais fixadas para o sábado 21 a partir das 17.00 horas.