Maimouna Diarra xa está en Pontevedra para incorporarse ás filas do Arxil

Pontevedra
13 de setembro 2014

Despois de superar todos os problemas de visado que atrasaron notablemente a súa incorporación aos adestramentos co Arxil, a nova pivote senegalesa chegaba na mañá do sábado, incorporándose inmediatamente á expedición do Arxil que se despraza a Portugal para xogar dous partidos de preparación

Maimouna Diarra posa coa camiseta do Arxil á súa chegada a Pontevedra Club Baloncesto Arxil

Despois de superar todos os problemas de visado que atrasaron notablemente a súa incorporación aos adestramentos co Arxil, Maimouna Diarra chegou por fin a Pontevedra.

A xoven pivote senegalesa arribaba á cidade do Lérez na mañá do sábado, pousando orgullosa coa camiseta do Club Baloncesto Arxil para despois presentarse ás súas adestradoras e compañeiras: María Lago, Carla Fernández, María Centeno, Cris Díaz-Pache, Fany López, Fallon Lewis, Jara Tuda, Aldara Vázquez, Noa Casalderrey e Ana Isabel Carballo.

A nova xogadora do conxunto verde non tivo tempo de descansar, pois poucas horas despois se incorporou ás ordes de Mayte Méndez, sumándose á expedición do Arxil que se desprazou a Portugal, onde afronta dous partidos de preparación ao longo do fin de semana, en Vagos e Coimbra.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora