Máis de 1.000 atletas inscribíronse xa para a Medio Maratón de Pontevedra

Pontevedra
01 de outubro 2014

O prazo de inscrición finaliza o 14 de outubro. O obxectivo é chegar supera a cifra do pasado ano e chegar aos 1.500 deportistas

XVIII Medio Maratón 2013 Diego Torrado

Finalizada a primeira fase de inscrición, o Medio Maratón de Pontevedra vai camiño de bater o seu record de participación, fixado o pasado ano 1.382 atletas.

Ata o momento son 1.034 os deportistas que confirmaron a súa presenza na liña de saída o próximo 19 de outubro, o que anima a organización a pensar que se pode superar a barreira dos 1.500 corredores.

Os interesados en participar aínda teñen tempo para inscribirse ata o día 14 de outubro a través da páxina www.championchipnorte.com.

Entre os servizos que ofrece a proba na súa décimo novena edición encóntranse o dorsal personalizado, a súa recollida previa, gardarroupa, avituallamento, autobús dende A Coruña e Santiago, gardaría, duchas ou a entrega dunha bolsa do corredor, entre outros.

Co Medio Maratón finalizará a segunda edición do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, que contou con 269 atletas.