Máis de 1.000 escolares converterán a Illa das Esculturas nunha festa do atletismo

Pontevedra
09 de decembro 2016

O vindeiro martes 13 de decembro a Illa das Esculturas acollerá os campionatos zonais de cros escolar, coa participación de alumnos de 10 centros educativos de Marín e Pontevedra desde a idade benxamín ata a cadete

José Pereira, Anxos Riveiro e Daniel Benavides presentan os campionatos zonais de cros Mónica Patxot

A Illa das Esculturas vivirá unha auténtica festa do atletismo de base o vindeiro martes 13 de decembro coa disputa dos campionatos zonais de cros escolar.

Ata 1.020 atletas daranse cita nunha xornada na que participarán 10 centros escolares de Marín e Pontevedra.

En concreto os xóvenes deportistas, desde idade benxamín ata a cadete, son alumnos do CEIP O Sequelo, A Laxe e San Narciso de Marín e do CEIP Xunqueira I, Xunqueira II, Santiago Apostol, Sagrado Corazón, Campolongo, Parada Campañó e Froebel.

A competición iniciarase ás 10:15 horas e terminará pasadas as 12:30 horas da mañá.

"Vémonos desbordados co número de alumnos e por iso faremos dúas quendas nalgunhas probas", sinalou na presenctación do evento Daniel Benavides, representante da Xunta de Galicia, acompañado de José Pereiro, da Agrupación Deporte Base, e de Anxos Riveiro, concelleira de Deportes de Pontevedra.

Tras esta cita, o 23 de decembro celebrarase tamén na Illa das Esculturas o campionato zonal de cros destinado aos clubs atléticos da comarca.