Máis de 500 remeiros participarán na Copa Galicia de Bateis en Marín

Marín
13 de novembro 2019

A cita deportiva, que se completará coa gala anual do remo galego, foi presentada este mércores de maneira oficial no Concello de Marín 

Presentación da Copa Galicia de Bateis en Marín Semana Abanca

O remo autonómico ten unha cita ineludible o sábado 16 de novembro en Marín coa celebración dunha nova edición da Copa Galicia de Bateis.

A cita foi presentada oficialmente este mércores no Concello de Marín, onde confirmaron que serán dous centenares de remeiras e máis de trescentos remeiros os que competirán na ría de Pontevedra nas diferentes categorías de base, desde a alevín ata a xuvenil.

En total 83 son os bateis rexistrados, unha cifra récord especialmente no que se refire a tripulacións femininas con 34.

A Copa Galicia, incluída dentro da Semana Abanca, disputarase nun campo de regatas instalado fronte ao Paseo Alcalde Antonio Blanco a partir das 15:00 horas da tarde, estando prevista a súa clausura tres horas máis tarde.

Participarán un bo número de clubs galegos: Tirán, Moaña, Rianxo, Ares, Samertolameu, Meira, Narón, Cabo de Cruz, Bueu, Cangas, Mugardos, Coruxo, Chapela, Arealonga, Cabana, Mecos e Puebla.

Como colofón á xornada ás 19:00 horas terá lugar no Auditorio Illa de Tambo a quinta edición da Gala do Remo Gallego.