Máis de medio milleiro de nadadores e ata 186 clubs dan lustre ao Nacional Infantil de natación

Pontevedra
23 de marzo 2018

A natación infantil tomará a testemuña do waterpolo na piscina olímpica das Complexo Rías do Sur de Pontemuiños coa celebración, desde o vindeiro domingo 25 de marzo, do XXXVIII Campionato de España de Natación de Inverno para esta categoría  

Presentación do Campionato de España Infantil de Natación de Inverno
Presentación do Campionato de España Infantil de Natación de Inverno / CN Galaico

A natación tomará a testemuña do waterpolo o vindeiro domingo 25 de marzo na piscina olímpica das Complexo Rías do Sur de Pontemuiños coa celebración, do XXXVIII Campionato de España de Natación Infantil de Inverno.

A proba, organizada polo Club Natación Galaico e a Real Federación Española de Natación coa colaboración do Concello de Pontevedra, foi presentada oficialmente este venres.

En total competirán en Pontevedra ata o mércores día 28 de marzo 511 nadadores e nadadoras de 186 clubs de todo o territorio nacional.

O campionato iniciarase o domingo en sesión de tarde (17:00 horas) coas probas de 1.500 libre masculino, remudas 4x100 e os 800 libre feminino, disciplina na que participará a única representante do club anfritión inscrita, Alicia Bouzas, que tamén tomará parte do 400 libre.

O resto de xornadas a competición contará con dobre sesión, a partir das 9:30 horas pola mañá e das 17:30 horas pola tarde, salvo o mércores (17:00 horas).