Os rivais do Pontevedra Club de Fútbol para a próxima tempada, na que competirá en Primeira RFEF, empezan a desvelarse.
Dos 40 equipos que comporán a terceira categoría nacional a metade deles contan xa con praza asignada, 20 en total, a falta da última xornada de liga en Primeira RFEF e da celebración dos play-off de ascenso.
Cos resultados da fin de semana foron moitos máis equipos os que certificaron a súa permanencia ou que quedaron xa sen opcións de pelexar polo salto de categoría.
Así no Grupo I actual de Primeira RFEF atópanse nesta situación Celta Fortuna, Zamora CF, SD Tarazona, Athletic Club B, Ourense CF e Barakaldo CF, e no Grupo II súmanse a eles Real Madrid Castilla, Atlético de Madrid B, Sevilla Atlético, Algeciras CF, AD Alcorcón e Hércules de Alicante CF.
A esta lista hai que sumar ao cinco ascendidos directos desde Segunda RFEF como campións de grupo, co Pontevedra CF acompañando a CE Europa, o CD Guadalajara, as Arenas Club de Getxo e o Torremolinos.
Completan a relación tres descendidos xa asegurados desde Segunda División, e que se presentan como rivais a bater a priori a próxima campaña: CD Tenerife, Racing de Ferrol e Cartagena.
O que xa está decidido é que equipos pelexarán polo ascenso ao fútbol profesional, coa dúbida de quen subirá directamente como campión no Grupo I.
Esa honra recaerá na Cultural Leonesa ou Ponferradina, co Andorra e o Nástic de Tarragona completando o play-off. No Grupo II pola súa banda xogarán a fase de ascenso Real Murcia, UD Ibiza, Antequera CF e AD Mérida.
Por abaixo, a loita pola permanencia en Primeira RFEF está que arde.
Por unha banda CD Arenteiro (virtualmente salvado pero non ao 100%), CD Lugo, Unionistas de Salamanca, Sestao River, Osasuna B, Real Unión e Barça Atlètic loitarán por esquivar as tres prazas de descenso que faltan por adxudicar no primeiro grupo, unha situación na que están no segundo grupo Vilarreal B, Betis Deportivo, Yeclano, Atlético Sanluqueño, Marbella, Alcoyano e Fuenlabrada, cos últimos tres ocupando agora mesmo a zona de descenso.
Por último, en Segunda RFEF queda por disputar a última eliminatoria do play-off, con cinco prazas de ascenso a Primeira RFEF por decidir entre: CD Numancia, Real Avilés, CE Sabadell, Raio Majadahonda, CD Teruel, Cacereño, CF Talavera, Torrent CF, UCAM Murcia e CD Estepona.