Mal menor para Fran Fandiño, que estará unha semana de baixa por unha distensión muscular

Pontevedra
14 de abril 2015

A ecografía á que foi sometido este martes descarta a rotura muscular, o que lle tería afastado dos terreos de xogo durante polo menos tres semanas

Fran Fandiño adestrando na Xunqueira
Fran Fandiño adestrando na Xunqueira / Mónica Patxot

Alivio é o que sentiu Fran Fandiño tras coñecer os resultados da ecografía á que foi sometida este martes no Hospital Domínguez.

O centrocampista do Pontevedra, que se retirou con molestias nos últimos minutos do partido ante o Arosa, temía que unha rotura muscular na parte posterior da coxa o apartase dos terreos de xogo durante non menos de tres semanas.

Ao final toda quedou nun susto e o futbolista granate só padece unha distensión muscular que lle obrigará a descansar esta semana, polo que causará baixa no duelo do próximo domingo na casa ante o Choco.

Un diagnóstico que pode cualificarse de mal menor nun momento no que Fandiño realizara "un buen partido, en el que las cosas me había salido bien y me empezaba a agarrar al puesto", sinala o propio xogador en relación á súa primeira presenza do ano no once inicial tras superar unha grave lesión de xeonllo.

Fandiño explicou que descansará uns días pero conta "con estar entrenando el próximo lunes" en plenas condicións físicas.

A do centrocampista será, salvo contratempo, a única baixa coa que contará Luisito para configurar a convocatoria ante o Choco, sempre e cando Bruno reciba a máscara protectora que precisa para xogar tras sufrir unha rotura dos ósos do nariz.