A mala fortuna volve cebarse co Dicsa Modular Cisne, ao confirmarse os peores prognósticos posibles sobre a lesión que Andrés Sánchez produciuse nun adestramento o pasado 19 de febreiro.
O central pontevedrés danouse un xeonllo tras un mal apoio, facendo saltar todas as alarmas.
Despois de varios días, foi sometido a unha resonancia magnética para coñecer o alcance exacto da doenza, e o resultado non foi bo.
Sánchez sofre unha rotura total do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo con afectación do menisco externo, o que lle obrigará a pasar polo quirófano e faralle perderse o que resta de tempada, segundo confirmou o club cisneísta.
Unha vez operado, o prazo de recuperación estimado para esta lesión oscila entre os 6 e os 8 meses.