Manu Fernández renova o seu contrato co Pontevedra por unha tempada

Pontevedra
15 de maio 2014

O técnico, que asumiu a dirección do primeiro equipo comezada a tempada, seguirá á fronte do bloque granate pase o que pase na fase de ascenso que está a punto de arrancar

Manu Fernández durante o adestramento do Pontevedra na Xunqueira
Manu Fernández durante o adestramento do Pontevedra na Xunqueira / Mónica Patxot

Independentemente do que aconteza na fase de ascenso a Segunda División B que está a punto de arrancar, Manu Fernández seguirá á fronte do primeiro equipo do Pontevedra Club de Fútbol a próxima tempada, xa sexa en Segunda B ou en Terceira División.

Así o anunciou nun comunicado este xoves o club granate, informando da renovación por un ano do adestrador lerezano.

Fernández, que se fixo cargo do banco do Pontevedra xa comezada a tempada, en substitución de Nando, afrontará deste modo o seu segundo curso como adestrador do primeiro equipo.

Antes Manu Fernández formou parte do club granate como xogador do Pontevedra B, técnico da base, do equipo xuvenil de División de Honra e do filial en Rexional Preferente.