O Pontevedra CF, camiño do ascenso

Kevin se lamenta do ascenso perdido ao finalizar o partido en Puertollano

Non puido ser: Outro ano no inferno tras empatar (0-0) en Puertollano

22/06/2014
Pontevedra

Non puido ser. Non houbo milagre e o Pontevedra afrontará a súa cuarta tempada no "inferno" da terceira división, tras empatar sen goles a domicilio fronte ao Puertollano, que fixo valer a renda da ida, e que foi superior aos granates non en xogo, pero si, e de lonxe, en...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Fachada principal do Estadio Municipal de Puertollano, o Nuevo Cerrú

O Pontevedra fíxase na súa historia para buscar a remontada en Puertollano

21/06/2014
Pontevedra

Difícil, pero non imposible. ÿ o lema que ao longo da semana repetiron ata a saciedade non só os afeccionados do Pontevedra, senón, o que é máis importante, toda a plantilla de xogadores e corpo técnico granate. Remontar o 0-2 co que o Puertollano liquidou en Pasarón o partido de...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Un momento do adestramento do Pontevedra en Pasarón

Con todos e o respaldo da afección a pola remontada en Puertollano

20/06/2014
Pontevedra

Que o Pontevedra conseguiu reenganchar á súa afección nesta recta final da tempada é un feito que non se lle escapa a case ninguén. Tanto é así que nin o resultado do partido de ida ante o Puertollano, nin o custo do desprazamento, nin a distancia e a incómoda viaxe,...

Ramiro Espiño
Adestramento do Pontevedra este xoves en Pasarón

Pablo Carnero: "No tenemos nada que perder, vamos a salir con muchas ganas"

19/06/2014
Pontevedra

Haberá algún cambio na convocatoria e posiblemente "algún matiz" no once inicial, pero segundo asegurou Manu Fernández, non haberá grandes retoques no equipo que dispoña o Pontevedra en Puertollano. O técnico conta con todo o plantel á súa disposición a excepción de Luismi e Caco por lesión, recuperando a un Yago...

Diego Espiño
O xogador do Pontevedra Luismi tras ser operado no Hospital Miguel Domínguez

Luismi, operado con éxito para solucionar os problemas no seu xeonllo

18/06/2014
Pontevedra

O dianteiro do Pontevedra Club de Fútbol Luismi despediuse da tempada, a falta do decisivo partido de Puertollano, tras pasar polo quirófano para solucionar os problemas no seu xeonllo dereito que arrastraba dende un encontro en pretempada disputado en Portonovo. Luismi foi intervido no Hospital Miguel Domínguez, no que lle realizaron...

Diego Espiño
Manu Fernández dando instruccións aos seus xogadores ante o Puertollano

O Pontevedra non se dá por vencido e xa pensa na remontada

17/06/2014
Pontevedra

"Erguerémonos e traballaremos para intentar gañar por dous goles de diferenza, ese é o noso obxectivo". Son declaracións do adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, Manu Fernández, nada máis finalizar o choque do pasado domingo en Pasarón, no que os granates caeron por cero goles a dous. Dende ese mesmo instante...

Diego Espiño
Aspecto das bancadas de Pasarón no Pontevedra-Atlético Granadilla

Pasarón debe ser decisivo no primeiro asalto da final entre Pontevedra e Puertollano

14/06/2014
Pontevedra

Primeiro asalto da final polo ascenso. Pontevedra e Puertollano xóganse a tempada e o futuro inmediato en 180 minutos que prometen emocións fortes. Os primeiros 90 minutos terán como escenario un Pasarón (domingo: 20:00 horas) que quere volver ser o das grandes tardes, converténdose no xogador número 12 dos granates,...

Ramiro Espiño
Adestramento do Pontevedra no Estadio Municipal de Pasarón

ÿltimos axustes antes de recibir ao Puertollano

13/06/2014
Pontevedra

A poucas horas de recibir no Estadio Municipal de Pasarón (domingo 20:00 horas) ao Club Deportivo Puertollano na ida da final polo ascenso, o Pontevedra Club de Fútbol prepara os últimos detalles de cara á decisiva eliminatoria. Manu Fernández non desvelará a convocatoria ata despois do adestramento programado para a mañá...

Diego Espiño
Fran Fandiño celebra o segundo gol en Portugalete

Fran Fandiño e Pedro Crespo, a unha tarxeta da suspensión

11/06/2014
Pontevedra

Alarma amarela no Pontevedra Club de Fútbol. Dous dos seus futbolistas habituais no tramo final da tempórada, Fran Fandiño e Pedro Crespo, encóntranse a só unha amoestación da suspensión, polo que unha tarxeta no encontro do próximo domingo provocaría que se perdesen o choque definitivo polo ascenso en Puertollano. No caso...

Diego Espiño
Colas nas billeteiras de Pasarón antes do partido de liga contra o Somozas

Mesmo horario e mesmos prezos para a final contra o Puertollano

10/06/2014
Pontevedra

A final polo ascenso xa ten data e hora. O partido de ida da terceira e última eliminatoria entre Pontevedra e Puertollano disputarase en Pasarón o domingo, día 15 de xuño, a partir das 20:00 horas, repetindo horario con respecto ao enfrontamento anterior co Atlético Granadilla. A diferenza do sucedido co...

Ramiro Espiño
Sorteo na sede da Federación Española de Fútbol

Puertollano, rival do Pontevedra na final polo ascenso

09/06/2014
Pontevedra

O Pontevedra Club de Fútbol xa ten rival na última eliminatoria polo ascenso á Segunda División B. Será o Club Deportivo Puertollano. O campión manchego vén de eliminar ao Náxara da Rioxa despois de vencer a domicilio por 0-1 e sentenciar no seu estadio gañado 3-1. Na primeira ronda, entre campións de...

Diego Espiño
Os xogadores do Pontevedra entrando no Francisco Suárez de Granadilla de Abona

O Pontevedra a resistir o asedio en busca dun billete para a final polo ascenso

07/06/2014
Pontevedra

Tres goles de renda. ÿ a vantaxe coa que afronta o Pontevedra o partido de volta da segunda eliminatoria de ascenso a Segunda B fronte ao Atlético Granadilla. Unha diferenza que pode parecer tranquilizadora, pero que non debe facer caer en confianza ningunha, tendo en conta que o domingo (20:00...

Ramiro Espiño
Pedro Crespo atendido por Fran Comesaña durante un adestramento en Pasarón

Pedro Crespo non se recuperou a tempo e é baixa para enfrontarse ao Atlético Granadilla

07/06/2014
Pontevedra

O último adestramento previo á viaxe cara a terras canarias non trouxo as mellores noticias para o técnico do Pontevedra, Manu Fernández, que se encontrou co contratempo de non poder contar co centrocampista Pedro Crespo, quen, tras estar toda a semana ausente dos ensaios a consecuencia de problemas abdominais, concretamente...

Ramiro Espiño
Adestramento do Atlético Granadilla no seu estadio antes de recibir ao Mallorca B

O Pontevedra solicita a presenza dun delegado federativo en Granadilla de Abona

06/06/2014
Pontevedra

O Pontevedra sabe que se encontrará un ambiente hostil en Granadilla de Abona, no partido de volta da segunda eliminatoria da fase de ascenso a Segunda B. O 3-0 obtido na ida é un resultado esperanzador, pero os granates non queren confianzas, conscientes das dificultades do rival, do escenario e...

Ramiro Espiño
Partido entre Pontevedra e Atlético Granadilla en Pasarón

A volta ante o Atlético Granadilla, o domingo ás 20:00 horas

04/06/2014
Pontevedra

Despois de varios días de incerteza a Real Federación Española de Fútbol fixou definitivamente o horario do partido de volta entre Atlético Granadilla e Pontevedra para o domingo, 8 de xuño, ás 20:00 horas da tarde, horario peninsular. Remata así unha telenovela que se iniciou co horario do partido de ida...

Diego Espiño
Captura de pantalla do vídeo promocional do Pontevedra-Granadilla

O Pontevedra recorre a Youtube para pedir o apoio da súa afección

30/05/2014
Pontevedra

"Sólo un tópico es siempre verdadero, necesitamos a nuestra afición para ganar. El domingo ven a Pasarón". Con esta mensaxe do adestrador granate Manu Fernández conclúe o vídeo promocional do encontro do próximo domingo entre Pontevedra e Atlético Granadilla elaborado pola entidade lerezana. O Pontevedra recorreu á súa canle oficial de...

PontevedraViva
Pedro Crespo xunto a Pablo, Adrián e Feito na Xunqueira

Pedro Crespo: "Estamos con moitas ganas, con confianza"

29/05/2014
Pontevedra

Recalou en Pasarón no mercado invernal procedente do Coruxo, e a pesar de que lle custou entrar nos plans de Manu Fernández, Pedro Crespo converteuse nun dos habituais do once granate na fase decisiva de competición. Agora, nunha semana clave para as aspiracións lerezanas co encontro de ida ante o Atlético...

Diego Espiño
Toni Ayala, adestrador destituído polo Atlético Granadilla

O Atlético Granadilla destitúe o seu corpo técnico antes de viaxar a Pontevedra

29/05/2014
Pontevedra

Sorprendente decisión a tomada este xoves polo Atlético Granadilla, rival do Pontevedra na semifinal polo ascenso a Segunda B, a poucos días de visitar o Estadio Municipal de Pasarón (domingo 20:00 horas). O club canario, a través da rede social Twitter, anunciou a destitución de Toni Ayala como responsable deportivo do...

Diego Espiño
Estadio Municipal de Pasarón

A Federación avala o Pontevedra e xogarase o domingo ás 20:00 da tarde

28/05/2014
Pontevedra

Finalmente o partido de ida da semifinal polo ascenso a Segunda B entre Pontevedra Club de Fútbol e Atlético Granadilla xogarase o próximo domingo, 1 de xuño, ás 20:00 horas no Estadio Municipal de Pasarón. O club granate confirmou este mércores que existe un acordo verbal con Federación Española e o...

Diego Espiño
Consello de Administración do Pontevedra Club de Fútbol

Discrepancias entre Pontevedra e At. Granadilla impiden fixar o horario do partido de ida

27/05/2014
Pontevedra

A Federación Española de Fútbol decidirá este mércores o horario definitivo para o partido de ida da semifinal polo ascenso entre Pontevedra e Granadilla, despois de que ambos os dous clubs non chegasen a un acordo ao respecto. A coincidencia co Mundial de Dúatlon, que manterá cortados os accesos ao Estadio...

Diego Espiño
Sorteo da segunda rolda da fase de ascenso a Segunda B en Las Rozas

Atlético Granadilla, rival para o Pontevedra na segunda rolda do play-off

26/05/2014
Pontevedra

Club Deportivo Atlético Granadilla. ÿ o rival que lle tocou en sorte ao Pontevedra no sorteo da segunda rolda da fase de ascenso a Segunda B, celebrado na tarde do luns nas instalacións da Real Federación Español de Fútbol, en Las Rozas. O equipo canario, campión do seu grupo con 82...

PontevedraViva

O ruído e as noces

26/05/2014

"Moito ruído e poucas noces". Unha expresión ou dito popular utilizada frecuentemente polos españois, se ben a súa orixe se debe á obra de William Shakespeare "Much Ado About Nothing", logo levada ao cine adaptada e dirixida por Kenneth Branagh. Trátase dunha comedia romántica, que nada ten que ver coa...

Fran Fandiño celebra con Kevin Presa o segundo gol en Portugalete

Que pase o seguinte! O Pontevedra segue adiante ao vencer en Portugalete (1-2)

25/05/2014
Pontevedra

Que as eliminatorias de play-off hai que saber xogalas. Que nelas de pouco vale o fútbol vistoso. Son dúas cuestións que por evidentes non deixan de resultar difíciles de manexar por moitos equipos. O Pontevedra soubo facelo. Non xogou brillante. Non xogou bonito, pero fíxoo malgastando ganas, forza, intensidade e...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
O Pontevedra adestrando no campo número 4 da Escola de Fútbol de Mareo

ÿltimo ensaio en Mareo camiño da final de Portugalete

24/05/2014
Pontevedra

Parada a metade de camiño. Máis que un adestramento se trataba de estirar as pernas, desentumecer os músculos e facer máis levadeiro a longa viaxe. A expedición do Pontevedra partía de Pasarón ás 8:00 da mañá e chegaba ás magníficas e históricas instalacións da Cidade Deportiva do Real Sporting de...

Ramiro Espiño
Diego Torrado
Adestramento do Pontevedra en Pasarón

A tempada e o futuro pasa por Portugalete

23/05/2014
Pontevedra

Será un cara ou cruz. O Pontevedra xógase as súas opcións na presente tempada en só 90 minutos. Os granates necesitan unha vitoria ou un empate a máis dun gol, para seguir vivos na loita polo ascenso. Do que suceda na campo de La Florida (domingo, 11:30 horas) fronte ao...

Ramiro Espiño
Marea Granate

O Pontevedra completa nunha hora o primeiro autobús de afeccionados e freta outro máis

21/05/2014
Pontevedra

Apenas unha hora dende que se abriu a inscrición ás 9 da mañá do mércores, tardaron en cubrir as prazas do autobús fretado polo Pontevedra para acompañar o equipo no decisivo partido de Portugalete. Nin a distancia, nin o resultado desfavorable do partido de ida van impedir que os afeccionados granates...

PontevedraViva
Marea Granate no Condús

Viaxar a Portugalete co Pontevedra sairalle gratis aos afeccionados

20/05/2014
Pontevedra

Non estará só o Pontevedra no decisivo partido de Portugalete. Aos desprazamentos que algúns afeccionados realizarán polos seus propios medios uniranse os seguidores que decidan apuntarse á viaxe organizada polo Club e que quedou perfilado a última hora da tarde do martes. Se ben inicialmente a Asociación de Peñas, coa colaboración...

PontevedraViva
Partido entre Pontevedra e Portugalete en Pasarón

O Pontevedra agárrase aos seus números como visitante para crer na clasificación

20/05/2014
Pontevedra

O bo rendemento como visitante do Pontevedra Club de Fútbol durante a liga regular alimenta o optimismo no conxunto granate ante a volta da primeira eliminatoria polo ascenso en Portugalete (domingo 11:30 horas). Nove dos resultados obtidos lonxe de Pasarón polos de Manu Fernández na presente tempada valeríanlles para pasar de...

Diego Espiño
Pablo Lede adestrando na Xunqueira

Pablo Lede, Fran Fandiño, Kevin Levis e Caco con problemas físicos na volta ao traballo

19/05/2014
Pontevedra

Non había as mellores caras ao comezo do adestramento de recuperación realizado polo Pontevedra na tarde do luns no sintético da Xunqueira. Os xogadores reflectían a súa contrariedade por non poder obter un mellor resultado co que afrontar o partido de volta fronte ao Portugalete. Pero eses rostros serios pronto...

Ramiro Espiño

Quedan 90 minutos... e por que non máis?

19/05/2014

Foi un pau. Claro que o foi. Todos esperabamos máis, un mellor resultado. O empate obriga a viaxar a Portugalete en desvantaxe, pero non derrotados, nin moito menos eliminados. Que somos o Pontevedra carallo! e a sufridores e sufrimentos non nos supera nin o Atlético de Madrid. E se mesmo...

Pablo Carnero consegue con este remate de cabeza o gol do Pontevedra fronte ao Portugalete en Pasarón

Pontevedra e Portugalete empatan a todo (1-1) e deixan os deberes para La Florida

18/05/2014
Pontevedra

La Florida dictará sentenza. Tras o empate en Pasarón, Pontevedra e Portugalete deixan para o partido de volta a resolución da eliminatoria, aínda que o gol en campo contrario parece dar lixeira vantaxe ao conxunto vasco, que foi mellor no primeiro tempo, pero estivo a mercé dos granates no segundo. Pero...

Ramiro Espiño
Un momento do adestramento do Pontevedra en Pasarón

Pasarón debe marcar o primeiro gol no camiño do ascenso

17/05/2014
Pontevedra

Primeiro asalto na loita por recuperar a categoría perdida da Segunda División B. O Pontevedra recibe a visita do Club Portugalete (domingo, 18:00 horas) e Pasarón prepárase para intentar marcar o primeiro gol que facilite o duro camiño que arranca con este partido de ida da primeira das tres eliminatorias...

Ramiro Espiño
Os xpgadores do Pontevedra no Club de Golf Ría de Vigo

Unha sesión de golf para relaxarse antes do inicio do play-off

16/05/2014
Pontevedra

O primeiro plantel do Pontevedra Club de Fútbol cambiou este venres o balón polo pau de golf para protagonizar unha sesión atípica no Club de Golf Ría de Vigo. Ata Domaio desprazouse o equipo granate na súa totalidade coa intención de soltar tensión e fortalecer o bo ambiente do grupo dous...

Diego Espiño
Manu Fernández durante o adestramento do Pontevedra na Xunqueira

Manu Fernández renova o seu contrato co Pontevedra por unha tempada

15/05/2014
Pontevedra

Independentemente do que aconteza na fase de ascenso a Segunda División B que está a punto de arrancar, Manu Fernández seguirá á fronte do primeiro equipo do Pontevedra Club de Fútbol a próxima tempada, xa sexa en Segunda B ou en Terceira División. Así o anunciou nun comunicado este xoves o...

PontevedraViva
Pablo Galván, José Manuel Fernández e Roberto Feáns

Portas abertas para o adestramento do sábado en Pasarón

15/05/2014
Pontevedra

"La necesidad económica del club es grande. Para cumplir con empleados y jugadores necesitamos estos ingresos", declarou o presidente do Pontevedra Club de Futbol tras as críticas recibidas polo prezo das entradas do partido ante o Portugalete. José Manuel Fernández defendeu a decisión recordando que os socios poderán entrar gratis, algo...

Diego Espiño
Adestramento do primeiro equipo do Pontevedra na Xunqueira

Limpos de tarxetas para afrontar a fase de ascenso

14/05/2014
Pontevedra

Ao contrario que o que acontecía en tempadas pasadas, a lóxica impera agora nas bases de competición de Segunda B e Terceira División. A normativa fixada a comezo de curso establece que unha vez finalizada a fase regular, todos os xogadores empezarán un novo ciclo de amoestacións. Deste modo quedan sen efecto...

Diego Espiño
Aspecto das bancadas de Pasarón no Pontevedra-Somozas

Os socios non pasarán pola billeteira no partido ante o Portugalete

14/05/2014
Pontevedra

O Pontevedra Club de Fútbol deu a coñecer o prezo das entradas do primeiro partido da fase de ascenso, o que lle enfrontará ao Portugalete o próximo domingo (18:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón. O Consello de Administración granate fixou en 15 euros a entrada para a bancada de Tribuna,...

PontevedraViva
Xogadores do Portugalete ao finalizar un partido da presente tempada

Así é o Portugalete, rival do Pontevedra na primeira eliminatoria polo ascenso

13/05/2014
Pontevedra

Sete participacións no play-off de ascenso nas últimas tempadas avalan ao Club Portugalete, primeiro rival do Pontevedra Club de Fútbol no seu camiño cara á Segunda División B. O conxunto vasco, que finalizou segundo no seu grupo con 70 puntos lonxe do campión Leioa (81 puntos), gañou 20 partidos, empatado 10...

Diego Espiño
Sorteo da fase de ascenso a Segunda B nas Rozas

Portugalete, primeiro rival do Pontevedra na fase de ascenso

12/05/2014
Pontevedra

O Pontevedra Club de Fútbol xa ten rival na primeira eliminatoria polo ascenso á Segunda División B. Trátase do Club Portugalete, segundo do grupo vasco. A pesar de que a intención inicial do Pontevedra era que o primeiro partido da eliminatoria se xogase ás 19:00 horas do domingo, finalmente o encontro quedou fixado para as...

PontevedraViva

Ahora más que nunca

12/05/2014

Digerido el palo de ayer, toca mirar al frente. Pasar de ser primeros a cuartos es un golpe, pero lo importante es que, finalmente, el Pontevedra se ha logrado meter en la fase de ascenso. Los análisis y las conclusiones quedarán para otro momento. No es hora. El rendimiento del...