Pablo Carnero: "No tenemos nada que perder, vamos a salir con muchas ganas"

Pontevedra
19 de xuño 2014

O dianteiro granate defende que o equipo está moi motivado co reto do ascenso e asegura que "si nos sale bien el partido creo que tendremos posibilidades". Luismi e Caco, únicas baixas polo momento para Manu Fernández

Adestramento do Pontevedra este xoves en Pasarón
Adestramento do Pontevedra este xoves en Pasarón / Diego Torrado

Haberá algún cambio na convocatoria e posiblemente "algún matiz" no once inicial, pero segundo asegurou Manu Fernández, non haberá grandes retoques no equipo que dispoña o Pontevedra en Puertollano.

O técnico conta con todo o plantel á súa disposición a excepción de Luismi e Caco por lesión, recuperando a un Yago Vázquez que cumpriu na ida un partido de sanción pola súa expulsión en Granadilla.

O resultado de Pasarón foi un duro golpe pero os xogadores granates seguen apostando polas súas posibilidades de ascenso.

Así o mantén o máximo artilleiro do equipo, un Pablo Carnero que avisa da intensidade coa que sairá o conxunto lerezano para tratar de voltear a eliminatoria.

Pablo Carnero: "Si nos sale bien el partido tendremos posibilidades"

Carnero ten claro que "si nos sale bien el partido tendremos posibilidades", e iso pasa por mostrar a cara dos primeiros minutos en Pontevedra: "no tenemos nada que perder y vamos a salir con muchas ganas porque necesitamos un gol cuanto antes para meterles presión".

O goleador aínda recorda o seu disparo ao longueiro na ida e pensa só en resarcirse para premiar a unha afección que tamén estará a apoiar en Puertollano, como o fixo un pequeno grupo de afeccionados na sesión preparatoria deste xoves: "este último tramo se ha volcado mucho la afición y se lo merece, ojalá ascendamos y nos volvamos todos locos en Pontevedra", sentenciou Carneiro tras o adestramento.