Manu Ferreiro, primeira renovación 'peixe' para o seu debut en LEB Ouro

Marín
06 de xullo 2016

O capitán é o primeiro xogador en confirmar a súa continuidade poucos días despois de que o club se asegurase saír en LEB Ouro. Cumprirá a súa sétima campaña defendendo a camiseta do equipo marinense

Manu Ferreiro no partido entre Marín Peixe Galego e Clínicas Rincón na Raña
Manu Ferreiro no partido entre Marín Peixe Galego e Clínicas Rincón na Raña / Diego Torrado

Poucos días despois de que Peixe Galego confirmase a súa saída en LEB Ouro, ao cumprir os requisitos de inscrición e aval requiridos, o club marinense empezou outra carreira de fondo, confeccionar un plantel de garantías que pelexe por manter a categoría.

O primeiro xogador en renovar foi o capitán, Manu Ferreiro, unha "peza basee e fundamental no éxito do ascenso", aseguran desde o club.

O base cumprirá desta forma a súa sétima campaña defendendo a camiseta 'peixe', anos nos que foi testemuña dos éxitos do equipo, ao que chegou en EBA e no que debutará agora na segunda categoría do baloncesto nacional.

Manu terá que compaxinar a faceta deportiva co seu traballo como avogado, o que "lle esixirá un extra de sacrificio pero que lle ilusiona", sinala o club.

O Peixe Galego espera confirmar máis renovacións nos próximos días e traballa xa intensamente na procura de reforzos para ocupar as prazas deixadas por xogadores determinantes como Rogers ou Javonte Green, que non seguirán en Marín.