A costa marinense viviu este domingo unha intensa xornada deportiva coa celebración da cuarta edición da Carreira Carmiña.
A proba popular reuniu a preto de 400 participantes que percorreron o litoral desde a praia de Lapamán até o paseo marítimo de Marín.
Os corredores percorreron tiveron que completar 10,6 quilómetros de terra, asfalto e area de praia.
Antes da proba principal, ás 10:30 horas, celebrouse a Mini-Carmiña, unha carreira de 5,4 quilómetros con saída desde o Náutico de Aguete.
A xornada completouse con diversas categorías para menores e actividades lúdicas no Paseo Alcalde Branco, que puxeron o toque festivo.
Na categoría masculina, o vencedor da Carreira Carmiña foi Manuel Lorenzo, quen cruzou a meta cun tempo de 41 minutos e 21 segundos.
O segundo posto foi para Hugo Calvo, cun rexistro de 43 minutos e 26 segundos, e o podio completouno Manuel Sobral, en terceira posición, con 44 minutos e 02 segundos.
Pola súa banda, na categoría feminina, Marta Padín alzouse coa vitoria, finalizando a carreira en 53 minutos e 47 segundos.
Mercedes Paz, con 55 minutos e 10 segundos, subiuse ao segundo caixón, seguida de Yuliia Bokhinska, que conseguiu a terceira posición cun tempo de 56 minutos e 02 segundos.
Consulta a clasificación xeral neste enlace

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña

Cuarta edición da Carreira Carmiña
