Marcos Jurado, do Froiz, viste de líder na segunda etapa da Volta a Galicia

Pontevedra
15 de setembro 2016

O ciclista do equipo pontevedrés foi sexto en Noia nunha xornada decidida ao sprint nun grupo de 9 escapados, con máis de 1 minuto de renda sobre o pelotón que lle valen para coller a camisola amarela de líder

Marcos Jurado no podio da Volta Galicia tras a segunda etapa en Noia
Marcos Jurado no podio da Volta Galicia tras a segunda etapa en Noia /

Se a primeira tapata da Volta a Galicia foi boa para o Froiz, cun segundo posto na contrarreloxo por equipos, a segunda foi redonda para o conxunto pontevedrés.

A pesar de non lograr o triunfo parcial, os seus corredor Marcos Jurado conseguiu a camisola amarela que lle acredita como líder da clasificación xeral, despois dunha etapa en liña moi rápida, cunha media superior aos 42 quilómetros por hora que denota a intensa loita vivida durante os 130,5 kilometros de percorrido.

As escapadas foron unha constante desde a saída, en Noia, e na última, a 40 quilómetros da chegada, entrou Jurado xunto a outros oito ciclistas, sendo o mellor colocado na xeral. Acompañábanlle Pedro Gregori (Aluminios Cortizo), Óscar Linares (Gomur-Liébana2017), José Manuel Díaz (Bicicletas Rodríguez), Diego Pablo Sevilla (Polartec-Fundación Contador), André Crispim (Liberty Seguros), Miguel Burmann (Kuota-Construcións Paulino), Samuel Blanco (Rías Baixas) e Mikel Elorza (AMPO).

Pese ao intento de cazar do pelotón, finalimente chegou a máis de 1 minuto e o grupo de cabeza xogouse o triunfo ao sprint na meta, de novo en Noia. O gañador foi Elorza, cuxo equipo venceu o mércores na contrarreloxo pero con el chegando atrasado. 

Por eses motivo Marcos Jurado, sexto na etapa, é o novo líder, con 10 segundos de vantaxe sobre Samuel Blanco e 25 sobre André Crispim.

Agora o Froiz deberá defender a camisola amarela na terceira xornada da Volta a Galicia, a considerada etapa raíña con saída e chegada en Sarria e 150 quilómetros, no que destaca o Alto de Paradela (2ª categoría) a só 14 quilómetros de meta.