Marcos Mella reforza o medio campo do Arosa

O Salnés
18 de xuño 2023

Os centrocampista Marcos Mella, de 22 anos, abandona o Estradense para incorporarse ás filas dun Arosa que pecha unha semana frenética de renovacións e fichaxes  

Marcos Mella, novo xogador do Arosa
Marcos Mella, novo xogador do Arosa / Arosa SC

Os centrocampista Marcos Mella, de 22 anos, abandona o Estradense para incorporarse ás filas dun Arosa que pecha unha semana frenética de renovacións e fichaxes.

Mella chega ao equipo arlequinado "con moita ilusión de empezar esta etapa polo que require e pola esixencia que vou ter".

Defínese como un xogador "con bo pé, que abarca moito campo" e que se caracteriza polo seu "esforzo e entrega".

O santiagués chega procedente do Estradense, onde xogou dúas tempadas, foi titular 28 partidos e anotou 3 goles. Formouse no Compostela, pasou dous anos no xuvenil do Conxo e, como sénior, militou unha tempada no Pontevedra B.

Marcos Mella únese así a un Arosa que xa confirmou as renovacións do seu adestrador Luisito, de Manu Táboas, Sergio Cotilla, Santi Figueroa, Pacheco, Nacho Carús, Martín Sánchez, Brais Pedreira, Brais Vidal, Iñaki Martínez, Borja Míguez e Sylla; e as fichaxes de Rubo Blanco, Javi Pereira, Diego Enjamio e Antón Concheiro.