Margarita Moreira e Noa Casalderrey seguirán un ano máis no Arxil

Pontevedra
30 de agosto 2021

O equipo adestrado por Mayte Méndez regresará ao traballo o 1 de setembro

Margarita Moreira renova co Arxil
Margarita Moreira renova co Arxil

A confección do primeiro equipo do Arxil segue en marcha. Despois de confirmar a renovación de María Lago, Carla Fernández, Cristina Díaz  Pache e  Forster, o cadro pontevedrés  oficializa agora a continuidade de Margarita Moreira e Noa Casalderrey.

A primeira chegou ao conxunto verde para formar parte do filial, pero aos poucos foise gañando un sitio no primeiro equipo ata o punto de asinar unha media de quince minutos por partido cunha media anotar de 4 puntos e 2 rebotes. Ademais, Moreira compaxina a súa participación no primeiro equipo co seu traballo de adestradora de base  arxilista.

Outra que seguirá un ano máis no Arxil é Noa Casalderrey, aínda que a á  pivot seguirá tendo ficha co filial de Primeira Nacional.

Informan desde o club que o primeiro equipo regresará aos adestramentos o día 1 de setembro e que están a ultimar os trámites para anunciar as primeiras fichaxes de xogadoras estranxeiras.