Coa súa particular San Silvestre, a coñecida como Subida a Castro. Así vai a despedir Marín o ano deportivo que se viviu no municipio.
Será unha proba que se disputará este domingo 28 de decembro.
As inscricións marcan xa máis de 170 persoas participantes, pero como xa é tradición a gran maioría inscribirase na propia carreira.
Participar é completamente de balde.
A carreira pódese facer en modalidade de carreira e como andaina.
Os participantes pasarán por Castro, Porteliña, Cidrás, Sete Espadas e Castro de novo para chegar á meta.
As saídas serán consecutivas: ás 10:00 horas, a da andaina; ás 11:00 horas, a da carreira de adultos e ás 12:00 horas, a da carreira de rapaces.
Ademais, haberá concurso de tortillas, que se poderán degustar na Casa de Cultura de Mogor e sortearanse dous xamóns entre os participantes
FÚTBOL SALA
Marín tamén acollerá durante toda a fin de semana a I Copa Xuvenil Concello de Marín - Memorial Marcos Moreira, que organiza o Marín Futsal e que se desenvolverá no Pavillón da Raña.
Este memorial é unha homenaxe e un sentido recordo para Marcos, o rapaz que tristemente faleceu este ano e que formaba parte da familia do fútbol sala marinense.
Xogarán o Marín Futsal A, B e C; o CD Camposala, o Cangas Fútbol Sala, o Coruña FS, o ADFS Bueu e o Morrazo Futsal. A entrega de premios será o domingo, ás 18:45 horas.