Marín énchese de deporte coa presentación das Escolas Municipais

Marín
10 de setembro 2021

Marín presentou na tarde deste venres o programa das Escolas Deportivas Municipais dun xeito diferente a outros anos. Co obxectivo de cumprir coas limitacións da situación sanitaria, as exhibicións dos clubs repartíronse entre a Alameda e o Parque Eguren para encher Marín de deporte desde as 16.30 horas

Presentación das Escolas Deportivas Municipais de Marín
Presentación das Escolas Deportivas Municipais de Marín / Concello de Marín

Marín presentou na tarde deste venres o programa das Escolas Deportivas Municipais dun xeito diferente a outros anos. Co obxectivo de cumprir coas limitacións da situación sanitaria, as exhibicións dos clubs repartíronse entre a Alameda e o Parque Eguren para encher Marín de deporte desde as 16.30 horas.

Este ano, segundo informaron dende o propio Concello, as disciplinas que formarán parte do programa serán remo, boxeo, waterpolo, tenis, vela, rítmica, judo, pádel, piragüismo, taekwondo, bádminton, acrobática, BTT, pilates, triatlón, natación, atletismo, fútbol, fútbol sala e baloncesto.

Pola súa banda, para realizar as inscricións, tal e como explicou o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, cada club será o encargado de xestionalas, de tal xeito que o pago se realizará directamente a eles.

O prazo para inscribirse será do 13 ao 24 de setembro e as clases comezarán a partir do 4 de outubro, de xeito progresivo.