O Marín Futsal recupera a Inés Mayán

Marín
28 de xullo 2026

A xogadora, que xa militou no club marinense entre 2020 e 2024, regresa ao equipo da Raña tras unha etapa de dúas tempadas no Leis Pontevedra

Partido entre Marín Futsal e Rayo Majadahonda na Raña

Tras os regresos da gardameta Ana Pinto e de Aitana Mesías, o Marín Futsal volve apostar por unha vella coñecida na Raña como Inés Mayán.

A ala destra incorpórase á disciplina de Raúl Jiménez de cara á tempada 26/27 en Segunda División e supón a quinta fichaxe no que vai de verán para a entidade marinense.

A súa primeira etapa en Marín comezou no verán de 2020, momento no que formaba parte dun do tres clubs que deu lugar ao actual Marín Futsal, o xa desaparecido O Fisgón Futsal.

Durante a primeira campaña do novo club tras a fusión dos seus predecesores, a xogadora participou no ascenso a Primeira División.

Mayán permaneceu no club durante a súa etapa en Primeira División ata que, ao termo da tempada 23/24, fichou polo Leis Pontevedra de Preferente Futgal.

No club lerezano foi unha das máis destacadas con 14 e 11 tantos respectivamente nas súas dúas campañas na terceira categoría do fútbol sala.

Dous anos despois, Inés Mayán regresa ao conxunto marinense para reforzar a posición de ala e achegar experiencia e calidade ao equipo.

Coa súa incorporación o Marín conta actualmente con dez xogadoras en plantel.

Elas son as renovadas Maialen, Pili, Bibi, Kiko, Lucía Rivas; e as recentemente incorporadas Ana Pinto, Andrea Alvite, Anita González, Aitana e Inés Mayán.

Todas elas estarán baixo as ordes dun Raúl Jiménez que afronta a súa cuarta tempada no banco da Raña.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora