Marín inicia a conta atrás para a carreira +10 Manuel Rosales

Marín
19 de xullo 2019

A proba foi presentada este venres na Alameda Rosalía de Castro e serviu para entregar os premios Manuel Rosales a institucións que colaboran co evento

Marín prepárase para a octava edición da carreira Manuel Rosales
Marín prepárase para a octava edición da carreira Manuel Rosales /

O Concello de Marín xa ten todo preparado para a oitava edición da carreira popular +10 Manuel Rosales. O palco da música da alameda Rosalía de Castro de Marín foi escenario este venres da presentación da proba, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de xullo ás 22 horas.

"Entrar e saír polo arco da Escola Naval Militar fai que sexa moi especial, é como pasar polo arco do triunfo”, comentou o veterano atleta marinense cuxo nome bautizou a carreira.

A alcaldesa María Ramallo espera, como ocorreu nas últimas edicións, unha elevada participación e sitúa en "o percorrido polo centro urbano" unha das claves do éxito desta proba, que decidiron dedicar a Manuel Rosales porque "é un referente para os mozos pola súa traxectoria e polo seu amor ao deporte”.

A menos dunha semana para pechar as inscricións xa se contabilizan máis de 150 corredores apuntados a unha proba que xa está consolidada no calendario da provincia. O pasado ano foi campionato galego de 10 quilómetros en ruta en coroou a Pedro Nimo e Paula Mayobre como campións e novos plusmarquistas da competición marinense.

As inscricións permanecerán abertas ata o 25 de xullo. Para os que se inscriban antes do 23 aplicaráselles unha rebaixa dun euro na cota, que é de 7 euros. Para as carreiras de menores a inscripcion é gratuíta e pode realizarse desde unha hora e media antes da saída.

A saída da carreira terá lugar desde a Alameda para dirixirse despois cara á Avenida de Ourense sentido Bueu, entrada nas instalacións da Escola Naval ata o espigó n e posterior saída cara ao mercado, comisaría da Policía Nacional, gasolineira, e avenida de. Ourense ata Cantodarea para regresar á meta da Avenida Ourense. Os corredores deberán completar dúas voltas ao circuíto.

A presentación do evento serviu para entregar os premios Manuel Rosales, que caeron na Escola Naval pola súa colaboración coa carreira, á carreira Vig Bay polos seus vinte anos de historia e a Estrella Galicia pola súa axuda na organización das carreiras populares.