Marín Peixe Galego completa a súa semana de gloria superando ao Zornotza (89-75)

Marín
30 de xaneiro 2016

Nin a resaca do titulo de campión de copa pode cun Peixe Galego que se afixo a gañar. Os de Javi Llorente sufriron máis do previsto, pero conseguiron manter o liderado da LEB Prata cun traballado triunfo ante un Zornotza lastrado polas ausencias no seu xogo interior

Partido entre Marín Peixe Galego e Zornotza na Raña
Partido entre Marín Peixe Galego e Zornotza na Raña / Diego Torrado

Nin a resaca do titulo de campión de copa pode cun Peixe Galego que se afixo a gañar. Os de Javi Llorente sufriron máis do previsto, pero conseguiron manter o liderado da LEB Prata cun traballado triunfo ante un Zornotza lastrado polas ausencias no seu xogo interior.

Bo comezo do equipo local, cun 11-3 de saída que facía pensar que a festa do pasado sábado en Ávila ía continuar. Pero Nkaloulou botábase aos biscaíños ás súas costas para darlle a volta ao choque ao termo do primeiro cuarto (22-23).

Os de Javi Llorente buscaban constantemente romper o encontro, pero o seu rival respondía a cada intento, aguantando o tirón. No seu acelerón máis potente, +11 para Peixe Galego (45-34 tras un 9-0), Zornotza aguantaba logrando chegar ao descanso con opcións (45-39).

Á volta de vestiarios os marinenses volveron ampliar a súa vantaxe (54-44), pero aínda non sería definitivo, xa que os vascos, sempre con Nkaloulou de referente, apertaban ao máximo o marcador (60-58).

Zornotza chegaba con opcións ao último cuarto (66-63), pero os locais volvían escapar (73-64). Mikel Garitaonandia paraba o partido, pero non conseguía frear a escapada definitiva do Peixe, que cun 6-0 deixaba o choque visto para sentenza, cun parcial de 23-14 no último cuarto, ata chegar ao 89-75 final.

Destacar a gran porcentaxe de acerto no tiro do Peixe Galego, que asinou un 62% en tiros de dous, de novo con Antonio Pantín como xogador máis destacado, asinando 21 puntos, 5 rebotes e 22 de valoración.

Consulta aquí as estatísticas do partido.