Marín tamén quenta motores para o Nacional Infantil de Baloncesto

Marín
29 de maio 2018

No seu caso Marín será escenario entre o 10 e o 16 de xuño do Campionato de España Infantil Masculino, cuxo sorteo e presentación oficial celebrouse este martes no Colexio Inmaculada

Sorteo do Campionato de España Infantil Masculino de Baloncesto Marín Peixe Galego

O luns foi Pontevedra coa competición feminina e este martes tocoulle a Marín presentar o Campionato de España Infantil de baloncesto, no seu caso masculino.

O Colexio A Inmaculada acolleu ademais o sorteo do torneo, que se celebrará do 10 ao 16 de xuño nos pavillóns da Raña, O Sequelo e do colexio San Narciso.

En total participarán 32 equipos repartidos en oito grupos na primeira fase que quedaron repartidos da seguinte maneira:

  • Grupo A: Real Madrid, Stadium Casablanca, Guadalupe Negro, Inlingua FCGG.
  • Grupo B: FC Barcelona Lassa, Real Betis Energía Plus, UCAM Murcia, La Salle Palma A.
  • Grupo C: Unicaja, Real Canoe NC, Mataró IAM, Iberostar Canarias.
  • Grupo D: Joventut Badalona, Valencia BC, Uno:Doce Santa Cruz, UB Villalba Morenito.
  • Grupo E: Valencia Genovés Naranja, Enrique Soler A, Gijón Basket 2015, ABQ Calahorra.
  • Grupo F: 1° País Vasco, Estudiantes de Lugo, Aranguren Mutilbasket Azul, CP La Roda.
  • Grupo G: Quintanilla Cantabasket, Lecrerq CB Tormes, Instituto Rosalía, 2° País Vasco.
  • Grupo H: Colegio Leones, Peleteiro, Tecnyconta Zaragoza, CB Ilicitano.