Marín, última parada do Professional Taekwondo Open

Marín
12 de novembro 2015

O pavillón da Raña acollerá o vindeiro sábado 14 de novembro o I Open Internacional de Taekwondo Vila de Marín

Open Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo 2015 Diego Torrado

O Pavillón da Raña prepárase para acoller o vindeiro sábado, 14 de novembro, a súa estrea no Professional Taekwondo Open.

Tras as citas de Zamora e Torrevieja, a de Marín será a final da competición co I Open Internacional de Taekwondo Vila de Marín.

A competición disputarase de 19:00 a 21:00 horas nas oito pistas octogonais preparadas para o evento, no que se espera un alto nivel de participación.

As categorías nas que se disputará o Open son a precadete, cadete, junior e absoluta.

Entre os equipos participantes atópanse os principais da comarca, como o anfitrión Mat's ou os pontevedreses do Mace Sport e Taekanart, con moitos dos seus deportistas dentro do equipo conformado pola Selección Galega.

As entradas para o público teñen un custo de 5 euros, podendo entrar de balde os menores de 7 anos.