O Tenis de Mesa Monte Porreiro celebra os resultados conseguidos polos seus deportistas no Campionato Galego Alevín e Sub-23 celebrado na localidade coruñesa de Narón.
En especial foi destacado o papel de Mariña García, que a pesar dos seus 16 anos foi a gran protagonista da categoría Sub-23 contra deportistas de maior idade.
Mariña conseguiu a medalla de ouro na categoría individual, vencendo na final á súa compañeira Noa Bernárdez, e tamén no sobles mixto xunto a Brais Díaz.
Ademais o Monte Porreiro sumou as medallas de prata Sub-23 de Noa Bernardez e de Alba Prado e Emma Álvarez no sobles feminino, e o bronce de Natalia Oubiña e Laura Forte tamén no dobres feminino.
En categoría alevín conseguiron bronces Carme Leivas e Jorge Álvarez no dobres mixto, Carme Leivas e India Franco no feminino e Jorge Álvarez e Roberto Alfonso no masculino.