Mario Barco, moi xusto para reaparecer ante o Burgos

Pontevedra
22 de febreiro 2017

O dianteiro do Pontevedra só pundo completar este mércores a metade da sesión preparatoria celebrada en Poio. "He intendado forzar un poco y no me he sentido muy bien pero de aquí al domingo hay cuatro días", recoñece confiado aínda en poder entrar a convocatoria do equipo tras mes e medio de ausencia

Mario Barco, atendido por Manu Barros no adestramento do Pontevedra en Poio
Mario Barco, atendido por Manu Barros no adestramento do Pontevedra en Poio / PontevedraViva

Despois de mes e medio de ausencia Mario Barco apura as posibilidades de entrar na convocatoria do próximo encontro ligueiro do Pontevedra, o vindeiro domingo (17:00 horas) en Pasarón ante o Burgos. Con todo o dianteiro granate ten complicado reaparecer a fin de semana, a teor do visto no adestramento deste mércores celebrado no campo municipal da Seca, en Poio.

"He intendado forzar un poco y no me he sentido muy bien pero de aquí al domingo hay cuatro días y también el descanso forma parte de la competición", recoñeceu Barco ao termo da sesión, que non puido completar ao mesmo ritmo que os seus compañeiros.

Mario Barco: "He intendado forzar un poco y no me he sentido muy bien"

Tanto Mario como Iker Alegre participaron nos exercicios de grupo ata pasado o ecuador da sesión, cando se retiraron a facer estiramentos co fisioterapeuta do club, Manu Barros.

O esta físico do pichichi do equipo é a principal incógnita coa que conta Luisito pensando na fin de semana, pero o atacante polo momento non quere descartarse xa que "los fisios y recuperadores me dicen que funcionalmente tengo bien el tobillo pero tengo que aprender a tolerar ese dolor", sinalou á medios comunicación presentes.

O momento no que máis molestias nota é cando debe afrontar cambios de dirección ou saídas, aspectos nos aínda "me veo muy lento. Tengo que coger esa fuerza y confianza", explicou.

Mario Barco aludiu tamén á mala serie de resultados que atravesa o Pontevedra, e da que está convencido de poder saír ante o Burgos porque ve aos seus compañeiros adestrar "muy duro", ademais de estar "confiados y con una buena actitud".

Pola súa banda o outro futbolista do primeiro plantel lesionado, Iker Alegre, móstrase xa visiblemente recuperado da súa grave lesión de xeonllo só cinco meses despois da súa operación, pero no seu caso a volta aos terreos de xogo aínda debe esperar unhas semanas para minimizar o risco de sufrir unha recaída.