Marqueta, nova fichaxe para a portería granate, e Edu Sousa, renovado

Pontevedra
30 de xuño 2025
Actualizado: 18:52

Raúl Marqueta, de 30 anos, procede do Ourense C.F. onde xogou durante a pasada tempada 33 partidos en 1ª RFEF

Raúl Marqueta, novo porteiro do Pontevedra C.F. Ourense C.F.

O Pontevedra Club de Fútbol anunciou este luns a incorporación de Raúl Marqueta como novo gardameta do conxunto granate e a renovación de Edu Sousa.

Esta fichaxe e a renovación valen para "completar a portaría granate", segundo sinala o club nun comunicado.

Edu Sousa renova coa entidade, tras "completar unha gran tempada no Pontevedra CF".

O porteiro granate xogou 32 partidos na anterior tempada, deixando a portaría a cero en 15 ocasións.

MARQUETA

Pola súa banda, o porteiro maño, chega procedente do Ourense C.F., onde tras dous ascensos consecutivos chegou a xogar 33 partidos a pasada tempada en 1ª RFEF, conseguindo deixar a portaría a cero ata en 13 ocasións e encaixou 34 goles.

O gardameta ten 30 anos, en agosto celebrará o 31 aniversario, e mide 1,85 m. Entre outros equipos militou na SD Compostela, Conquense, Badalona e Casino Arzúa.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora