A moza xogadora e campioa galega Marta Fernández Muñoz e convértese na primeira fichaxe do Club Baloncesto Arxil para a nova tempada.
En palabras do club, trátase dunha xogadora "intelixente, agresiva, rápida de mans e con moi boa visión de xogo" polo que esperan que se converta nunha peza moi importante dentro da pista.
Chega a Pontevedra procedente do Ensino Lugo e a combinación de estudos e baloncesto fixérona aterrar na Boa Vila para vestir a camiseta arxilista, uníndose á lista na que xa figuran as renovadas Carolina Riveiro, Margarita Moreira, Heather Forster, Andrea Glomazic, Mirian García, Nerea Liste, Meniña Trajchevska, Cristina Díaz-Pache e Aldara Vázquez.
Marta Fernández, pola súa banda, espera achegar "intensidade en defensa e velocidade e ritmo en ataque" e defínese como unha xogadora "que defende forte, que aperta a toda pista, con velocidade en ataque, coa ruptura como a miña principal virtude" e considera que "necesito seguir crecendo en canto ao tiro".
En canto aos seus obxectivos, quere consolidarse a nivel individual como xogadora de LF2 e, a nivel colectivo, que o equipo mellore os resultados das tempadas pasadas e que poder loitar polo ascenso.