O Poio Pescamar pecha o capítulo de renovacións para a próxima tempada confirmando unha continuidade moi especial, a de Marta Peñalver, que seguirá defendendo as cores rojillos o próximo curso.
A que fora elixida mellor ala dereita de Europa está inmersa no proceso de recuperación da lesión de rotura de ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito. Pasou polo quirófano no mes de abril e non poderá volver xogar ata dentro de oito meses. O seu regreso está previsto para principios do ano que vén.
Aínda así, desde a directiva do equipo conserveiro demostran o seu apoio e confianza na futbolista ampliando o seu contrato por unha tempada máis.
Na Seca basean esta decisión en que Peñalver "demostrou un altísimo nivel ata a súa lesión na xornada 20 de liga. Nese momento era nosa máxima goleadora con 15 tantos (14 en liga e 1 en Copa da Raíña)". A pesar de perderse o tramo final da campaña, acabou como terceira máxima realizadora do primeiro equipo.
"Esperámoste na Seca cando esteas recuperada", conclúe o comunicado do Poio Pescamar.