Martes de balonmán con derbi no III Torneo Internacional Cidade de Pontevedra

Pontevedra
08 de xaneiro 2024

O Pavillón Municipal dos Deportes será escenario este martes 9 de xaneiro do torneo internacional con presenza de Cisne, Teucro e o ABC Braga portugués

Presentación do III Torneo Cidade de Pontevedra de balonmano
Presentación do III Torneo Cidade de Pontevedra de balonmano / Concello de Pontevedra

O Pavillón Municipal dos Deportes será escenario este martes 9 de xaneiro do III Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de balonmán, no que participarán os clubs da cidade, o Club Cisne e a SD Teucro, xunto ao ABC Braga portugués.

Unha cita de preparación ante o inminente regreso da competición ligueira pero con "o que supón sempre un derbi entre os dous equipos, é un aliciente para que a xente vaia", afirmou na presentación do evento o adestrador cisneísta, Javier Fernández 'Jabato'.

"É un día bonito para gozar e tamén para rodar porque estamos ás portas da competición", sinalou á súa vez a preparadora teucrista, Irene Vilaboa, xunto á concelleira de Deportes, Anabel Gulías, directivos e xogadores de ambos os dous clubs.

O torneo amigable, con entrada de balde para o público, disputarase en formato de triangular con partidos de 40 minutos, empezando polo Cisne-Teucro a partir das 18.15 horas e seguindo co Teucro-ABC Braga (19.30) e o Cisne-ABC Braga (20.30).