Carlos Ocaña, K.O. para o resto da tempada

Pontevedra
09 de xaneiro 2024

A resonancia magnética á que foi sometido o lateral do Cisne revela que sufra unha rotura do ligamento cruzado e lateral do seu xeonllo, ademais do menisco, polo que deberá pasar polo quirófano e estará afastado durante meses das canchas de xogo

Carlos Ocaña, no partido do II Torneo Cidade de Pontevedra entre Cisne e ABC Braga
Carlos Ocaña, no partido do II Torneo Cidade de Pontevedra entre Cisne e ABC Braga / Cristina Saiz

Malas noticias para o Club Cisne Balonmán, que non poderá volver contar esta tempada por lesión co lateral Carlos Ocaña.

O xogador de Cidade Real, que caeu lesionado a principios do mes de novembro, viu como se cumpren os peores agoiros sobre a súa doenza, sendo máis grave do esperado.

A resonancia magnética á que foi sometido revela que sofre unha rotura do ligamento cruzado e do ligamento lateral do seu xeonllo, ademais do menisco. Así llo comunicou ao xogador este mesmo luns o traumatólogo que leva o seu caso, quedando agora á espera de fixar data para a operación cirúrxica á que debe someterse.

O que é seguro é que Ocaña non poderá volver ás pistas de xogo ata a próxima tempada, xa que deberá afrontar agora unha longa rehabilitación.

FRANZINI RECIBE O ALTA

A noticia positiva na enfermería do Cisne deuna Roney Franzini, que acurtou lixeiramente prazos na recuperación da súa lesión muscular recibindo a alta médica. Desta forma o guarameta poderá estar dispoñible para Jabato no primeiro partido de liga do ano, o sábado 13 en Guadalaxara.

Á cita pode chegar aínda outro dos lesionados, Alejandro Conde, con sensacións positivas do mesmo xeito que un Bruno Vázquez que tamén espera recibir o alta nun breve período de tempo.