Más dun milleiro de deportistas estrean o Medio Maratón Entre Rías

O Salnés
19 de maio 2024

Éxito de participación total no medio maratón Entre Rías disputada este domingo entre Sanxenxo e O Grove. Con máis dun milleiro de deportistas incritos, a proba busca asentarse no calendario de carreiras populares para potenciar o deporte e o turismo nas localidades fóra da tempada alta

 

I Medio Maratón Entre Rías Concello de Sanxenxo

Éxito de participación total no medio maratón Entre Rías disputada este domingo entre Sanxenxo e O Grove. Con máis dun milleiro de deportistas inscritos, a proba busca asentarse no calendario de carreiras populares para potenciar o deporte e o turismo nas localidades fóra da tempada alta.

En canto á carreira, disputouse en modalidade individual ou por substitucións en parella, saíndo desde o porto do Grove ás 10:30 horas para despois percorrer a Illa dá Toxa e a Praza da Lanzada antes de chegar ao porto deportivo de Sanxenxo.

A programación completouse cunha proba de 10 quilómetros con saída ás 11.30 horas desde a ermida da Lanzada e mesmo punto final que o medio maratón.

Os primeiros en completar a carreira de 21 quilómetros foron Serbessa Workneh (Atletismo Narón), en categoría masculina, e Gema Martín (Bilbao Atletismo), na feminina. Completaron o podio masculino Anxo Castro (independente) e Nasr Bouchaib (CD Arzúa), mentres que Tina Fernández (SD Compostela Atletismo) e Ana Belén González (SD Albions) foron segunda e terceira, respectivamente, na carreira feminina.

Os gañadores en remudas foron Iván Vázquez e Miguel García (San Miguel de Marín), Adrián Vilas e Efren Capelo (CD Brión) foron segundos, e Míchel Fernández e Jose Navarro (SD Barbantia Roda) chegaron en terceira posición.

Finalmente, Fernando Lorenzo (Pasa ou Entorna) foi o primeiro en cruzar a liña de meta nos 10 quilómetros, Manuel Cachaldora (Club Runmaniak Box001 Ourense) foi o segundo e Víctor López (Atletismo Arenteiro), terceiro.

Nati García (Runing Oleiros) foi a primeira muller en finalizar a proba de 10 quilómetros, Guada Arnedo (Machete Trail) chegou segunda e María Dolores Galego (Corredores do inferno), terceira.

Consulta nesta ligazón todas as clasificacións