Positivo resultado, e importantes puntos sumados no ranking os conseguidos por Arlet Ortiz en Saraievo.
A taekwondista marinense do Club Mat's vén de lograr a medalla de prata no Open de Bosnia Herzegovina.
Unha competición catalogada na categoría G1.
Arlet encaraba a cita como segunda favorita do cadro de -62 quilos, e cumpriu os prognósticos.
Venceu por 2-0 en cuartos de final á representante de Serbia, e en semifinais dominou a unha deportista local, medallista europea júnior, que abandonou no segundo asalto.
Na final con todo non puido cunha taekwondista de envergadura como a representante croata, tendo que conformarse coa medalla de prata.
Un reslutado en todo caso importante para encarar con ánimo as últimas competicións do ano.
En Saraievo tamén logrou a prata na súa categoría outro representante galego, Sebastián Curvelo (Kwon Betanzos).