Medalla de prata para Arlet Ortiz no Open de Bosnia

Marín
02 de decembro 2025

A taekwondista marinense logrou un gran resultado na competición de categoría G1 celebrada en Saraievo

Arlet Ortiz, coa medalla conseguida no Open de Bosnia Federación Galega de Taekwondo

Positivo resultado, e importantes puntos sumados no ranking os conseguidos por Arlet Ortiz en Saraievo.

A taekwondista marinense do Club Mat's vén de lograr a medalla de prata no Open de Bosnia Herzegovina.

Unha competición catalogada na categoría G1.

Arlet encaraba a cita como segunda favorita do cadro de -62 quilos, e cumpriu os prognósticos.

Venceu por 2-0 en cuartos de final á representante de Serbia, e en semifinais dominou a unha deportista local, medallista europea júnior, que abandonou no segundo asalto.

Na final con todo non puido cunha taekwondista de envergadura como a representante croata, tendo que conformarse coa medalla de prata.

Un reslutado en todo caso importante para encarar con ánimo as últimas competicións do ano.

En Saraievo tamén logrou a prata na súa categoría outro representante galego, Sebastián Curvelo (Kwon Betanzos).