Medina ten roto o ligamento cruzado do seu xeonllo e di adeus á tempada

Pontevedra
15 de marzo 2017

Malas noticias para a Sociedad Deportiva Teucro, ao confirmar a renonancia magnética á que foi sometido Jonnhy Medina que sofre unha lesión de gravidade que lle manterá polo menos seis meses afastado das canchas de xogo

Medina (esquerda) no amigable entre Teucro e Xapón
Medina (esquerda) no amigable entre Teucro e Xapón / Mónica Patxot

Malas noticias para a Sociedad Deportiva Teucro, que perde por lesión a unha das pezas importantes da súa liña defensiva, o brasileiro Johnny Medina.

A resonancia magnética á que foi sometido o martes o pivote teucrista revelou que sofre "unha rotura do ligamento cruzado anterior compatible con rotura do menisco interno", explica o club nun comunicado.

O verdadeiro alcance da lesión non se coñecerá ata dentro duns días, cando se determine o grao de afección no menisco, pero o tempo estimado de recuperación non será en todo caso inferior a seis meses, polo que non poderá volver xogar ata a próxima tempada e por tanto axudar aos seus compañeiros a pelexar no tramo final de liga por lograr o ascenso á máxima categoría.

"Era la noticia que no queríamos recibir", recoñeceu Quique Domínguez tras coñecer o resultado das probas, xa que "perdemos para el tramo final de liga a un jugador importantísimo. Para nosotros Johnny Medina es una pieza básica sobre todo en defensa y en las transiciones, no solo por todo lo que nos da, si no también por lo muchísimo que contagia y transmite", sinalou o técnico azul.

Medina retirouse lesionado no transcurso do partido ante o Gijón Jovellanos no Municipal, tras realizar un mal apoio nunha transición e entre evidentes signos de dor, o que desde o primeiro momento motivou a preocupación entre compañeiros, corpo técnico e afeccionados do Teucro.