Medio milleiro de ciclistas participan na quinta ruta BTT Cidade de Pontevedra

Pontevedra
18 de marzo 2018

Corenta quilómetros. É a distancia que recorreron os preto de 500 ciclistas que, na mañá deste domingo, participaron na quinta edición da ruta BTT Cidade de Pontevedra. A proba, organizada polo Club Ciclista Farto, partiu ás nove e media da mañá da avenida Montero Ríos e concluíu no lago de Castiñeiras

Participantes na quinta edición da ruta BTT Cidade de Pontevedra
Participantes na quinta edición da ruta BTT Cidade de Pontevedra / Diego Torrado

Corenta quilómetros. É a distancia que recorreron os preto de 500 ciclistas que, na mañá deste domingo, participaron na quinta edición da ruta BTT Cidade de Pontevedra.

A proba, organizada polo Club Ciclista Farto, partiu ás nove e media da mañá da avenida Montero Ríos e concluíu no lago de Castiñeiras.

Os ciclistas, que apenas tiveron que facer fronte á choiva, percorreron zonas de gran riqueza natural, convertendo esta ruta de dificultade media nunha experiencia inesquecible.

Como en edicións anteriores, a ruta tivo un fin solidario. Un euro de cada unha das inscricións destinouse á Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASSEI).