Mes e medio de baixa para Pablo Dapena tras ser operado con éxito en Montecelo

Pontevedra
11 de xaneiro 2016

O triatleta pontevedrés foi intervido cirurxicamente este luns dunha hernia inguinal que lle impediu competir ao 100% durante o último ano. Necesitará mes e medio de recuperación antes de poder adestrar con normalidade e afrontar unha nova tempada na que espera progresar no ránking internacional

Pablo Dapena, adestrando en Pontevedra Mónica Patxot

Despois de pechar unha tempada de altibaixos e complicacións, Pablo Dapena pasou este luns polo quirófano para poñer fin aos problemas físicos que arrastraba.

O triatleta pontevedrés foi operado con éxito no Hopistal de Montecelo dunha hernia inguinal, que lle impedía desde hai meses render ao 100% na carreira a pé.

Esta intervención trastornou os seus plans en canto a preparación, posto que "hasta volver a empezar a entrenar con normalidad pasará mes y medio" recoñeceu o propio Dapena a PontevedraViva tras a operación.

Afastado da concentración en Canarias, á que tiña previsto acudir xunto a Javier Gómez Noya, Pablo afronta agora unha "larga recuperación" tras a que iniciará a súa posta a punto.

O obxectivo pasa por reengancharse canto antes a unha tempada que está a piques de comezar e na que aspira a seguir progresando no ránking internacional.