Míchel Alonso, novo adestrador do Arosa

O Salnés
04 de xuño 2024

O club arlequinado xa ten novo capitán para o seu banco, e trátase dun técnico de gran experiencia no fútbol autonómico como Míchel Alonso, ex-adestrador de Racing de Ferrol, Coruxo, Somoza, Rápido de Bouzas e Compostela, entre outros

Míchel Alonso, no partido entre Pontevedra e Coruxo en Pasarón da tempada 20/21
Míchel Alonso, no partido entre Pontevedra e Coruxo en Pasarón da tempada 20/21 / Cristina Saiz

O Arosa SC elixiu xa o capitán que guiará desde o banco o seu novo proxecto deportivo en Terceira RFEF, co obxectivo un ano máis de pelexar polo ascenso de categoría.

O elixido é un técnico con ampla experiencia nos bancos do fútbol galego. Trátase de Míchel Alonso.

A pasada tempada o adestrador ferrolán asumiu a metade de ano o reto de adestrar á SD Compostela, sen chegar a finalizar a campaña. Antes pasou polos bancos de Somozas, Racing de Ferrol, Rápido de Bouzas e Coruxo, todos eles en Segunda B, e da SD Formetera en Segunda RFEF.

Míchel Alonso chegará ao club arlequinado acompañado do seu preparador físico de confianza, Álvaro Cano.

A súa presentación oficial terá lugar este mércores 5 de xuño no Estadio Municipal da Lomba.