Primeiras baixas nun Arosa que arrinca a planificación da nova tempada

O Salnés
06 de xuño 2024

Presentado o seu novo adestrador e con Dani Abalo xa exercendo como director deportivo, o club arlequinado iniciou a confección do seu novo plantel empezando por definir as saídas

Partido entre Atlético Arteixo e Arosa
Partido entre Atlético Arteixo e Arosa / Arosa SC

Presentado Míchel Alonso como o seu novo adestrador e con Dani Abalo xa exercendo como director deportivo, o Arosa púxose ao choio na confección do seu novo proxecto.

Fíxoo empezando por definir as saídas, os futbolistas que non continuarán a próxima tempada na Lomba.

Neste sentido o primeiro anuncio chegou co dianteiro Rubo Blanco, que deixa o equipo despois dunha tempada. Tamén o fará o gardameta Raúl Rodríguez e o centrocampista Diego Enjamio, no seu caso alegando unha incompatibilidade laboral.

Por último a comisión deportiva decidiu ademais unilateralmente non ofrecer a renovación ao lateral Santi Figueroa, os centrocampista Marcos Mella e Brais Pedreira e o dianteiro Borja Míguez.