Milagros Sanmartín, única candidata á presidencia do Arxil

Pontevedra
28 de febreiro 2019

A súa foi a única candidatura presentada no proceso electoral aberto na entidade, polo que se manterá no cargo un novo mandato  

Milagros Sanmartín (segunda pola esquerda) no sorteo do Nacional Infantil de Baloncesto 2018
Milagros Sanmartín (segunda pola esquerda) no sorteo do Nacional Infantil de Baloncesto 2018 /

O proceso electoral aberto para optar á presidencia do Club Baloncesto Arxil está visto para sentenza.

A ata o de agora máxima dirixente da entidade, Milagros Sanmartín, foi tal e como se esperaba a única candidatura formalizada antes do final do prazo establecido pola xunta electoral.

Desta forma Sanmartín seguirá dirixindo os designios do club deportivo pontevedrés durante os próximos anos.

Cumprimentado o trámite, o Arxil convocou unha asemblea extraordinaria na que se votará o nomeamento da presidenta. 

Esta xunta de socios celebrarase o vindeiro luns 4 de marzo ás 20:00 horas (20:30 horas en segunda convocatoria).