Miriam Esteban 'Miri', terceira fichaxe do Poio Pescamar

Poio
17 de xullo 2024

A xogadora, de 17 anos, é internacional Sub-19 e procede do CD Segosala de Segunda División. É a décima futbolista confirmada para o novo proxecto conserveiro

Miri, terceira fichaxe do Poio Pescamar 24-25
Miri, terceira fichaxe do Poio Pescamar 24-25 / Poio Pescamar FS

O novo proxecto deportivo do Poio Pescamar suma unha nova peza co que é a súa terceira fichaxe.

Trátase de Miriam Esteban Sastre 'Miri', futbolista segoviana de só 17 anos que xoga no posto de ala-pivote e procede do CD Segosala de Segunda División.

Formada no Sporting Nava de la Asunción, Miri é ademais internacional con España en categoría Sub-19.

Co seu salto ao conxunto conserveiro poderá debutar agora en Primeira División, nun proxecto que volverá exporse obxectivos ambiciosos tras dúas presenzas consecutivas no play-off polo título de liga.

Miri é a décima peza confirmada no plantel vermello, xunto ás tamén fichadas Candela Soria e Èlia Gullí e ás renovadas Sandra Buzón, Elena, Elena Aragón, Ale de Paz, Irene, Laura Uña e Martita.