O Poio Pescamar renova a súa confianza en Anna Escribano

Poio
24 de xullo 2024

A pesar da súa pouca participación a pasada campaña por unha lesión de xeonllo que lle obrigou de novo a pasar polo quirófano en xuño, o conxunto conserveiro anunciou a renovación de Anna Escribano, unha das veteranas do seu plantel

Anna Escribano, no partido de liga entre Poio Pescamar e Burela na Seca
Anna Escribano, no partido de liga entre Poio Pescamar e Burela na Seca / Cristina Saiz

Anna Escribano seguirá unha tempada máis no Poio Pescamar.

O club conserveiro confirmou a renovación da futbolista, redobrando a súa confianza nela tras unha campaña complicada polas lesións.

De feito Anna, tras unha sobresaliente liga na 22/23, pasou polo quirófano para tratar o menisco do seu xeonllo esquerdo, iniciando un proceso de recuperación que se complicou e foi alongando facendo que apenas chegase a xogar o último ano. Participou só en 3 encontros de liga, entrando noutras seis convocatorias.

Cerrada a tempada Escribano decidiu operarse de novo en xuño para acabar coas molestias.

"Con todo, estaremos de novo esperando a súa recuperación para que demostre o seu potencial na pista", asegura o Poio Pescamar. Será a súa quinta campaña na Seca, a cuarta consecutiva.

Coa súa renovación pasan a ser doce as futbolistas confirmadas para o próximo proxecto do Poio Pescamar xunto ás tamén renovadas Sandra Buzón, Elena, Elena Aragón, Ale de Paz, Irene, Laura Uña e Martita e ás fichadas Chuli, Miri, Candela Soria e Èlia Gullí.