Chega a hora da verdade para o Tenis de Mesa Monte Porreiro nas ligas nacionais, co inicio do play-off polo título de liga na Superdivisión Masculina e a fase polo ascenso á máxima categoría feminina.
No que respecta a os primeiros, o pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe será escenario este domingo 27 de febreiro (11.00 horas), da ida da primeira das eliminatorias, que medirá aos pontevedreses co Hortitec Alzira de Valencia.
Para poder gozar desde as bancadas deste evento, no que o Monte Porreiro preséntase sen presión pero coa ilusión de conseguir unha boa clasificación final para repetir presenza en Europa, fixouse unha entrada de 5 euros para o público, aínda que se repartirán invitacións no colexio do barrio pontevedrés e a quen o solicite previamente a [email protected].
En canto ao equipo feminino, o seu complicado camiño cara ao ascenso en División de Honra comezará en Madrid, ata onde se desprazará para medirse ao Hortaleza TM.
Varias das xogadoras do Monte Porreiro veñen de participar no Spain Master celebrado en San Cugat, no que Mariña García, Judith Cobas e Noelia Santiago non conseguiron pasar da fase de grupos, aínda que si destacaron no cadro de consolación enfrentrándose Noelia e Judith na final con triunfo para segunda.
Tamén dará comezo a fase pola permanencia que debe afrontar o filial masculino do Monte Porreiro na División de Honra, no seu caso medíndose ao Círculo Amistad de Tenerife.