O TM Monte Porreiro despídese do play-off polo título tras caer co Hortitec Alzira TT (4-2)

Pontevedra
19 de marzo 2022

O Tenis de Mesa Monte Porreiro despídese do play-off polo título de Superdivisión Masculina despois de caer nos cuartos de final contra o Hortitec Alzira TT. O conxunto valenciano, que xa gañara en Pontevedra por 1-4, sentenciou no partido de volta disputado este venres cun 4-2 que deixa aos de Nando Fernández fora do obxectivo ligueiro pero pensando xa en Europa

Primeira eliminatoria do play-off polo título de liga entre TM Monte Porreiro e Hortitec Alzira de Valencia
Primeira eliminatoria do play-off polo título de liga entre TM Monte Porreiro e Hortitec Alzira de Valencia / Cristina Saiz

O Tenis de Mesa Monte Porreiro despídese do play-off polo título de Superdivisión Masculina despois de caer nos cuartos de final contra o Hortitec Alzira TT. O conxunto valenciano, que xa gañara en Pontevedra por 1-4, sentenciou no partido de volta disputado este venres cun 4-2 que deixa aos de Nando Fernández fora do obxectivo ligueiro pero pensando xa en Europa coa pelexa pola quinta posición do campionato.

Aínda que o conxunto pontevedrés plantou cara ao seu rival, pelexando con uñas e dentes para conseguir o seu obxectivo, foron os de Valencia os que souberon xestionar mellor o seu xogo para finalmente facerse co triunfo e avanzar a semifinais.

Caeu Nico Galvano no primeiro duelo da tarde por un moi axustado 3-1, igualando posteriormente Martin Bentancor despois de chegar ao quinto xogo ante Jose Carlos Guillot. 

Co empate sobre a mesa, chegou a quenda de Miguel Ángel Vilchez e de Bentancor, que nada puideron facer ante Viacheslav Kirovsheev e Mathiue Julien Nicol respectivamente e terminaron perdendo ambos por un 3-1 que deixou practicamente sentenciado o partido.

Aínda que no quinto duelo Nico Galvano reduciu distancias tras superar a Viacheslav Kirovsheev por 1-3, no sexto encontro Vílchez caeu con contundencia con Jose Carlos Guillot (3-0) para despedirse definitivamente do play- off polo título de Superdivisión Masculina.

Consulta a acta do partido entre Hortitec Alzira TT e o TM Monte Porreiro