"Motivos persoais" provocan a saída de José Simeón do Peixe Galego

Marín
23 de xaneiro 2017

O base valenciano, que levaba dúas semanas fóra do equipo por problemas físicos, chegou a un acordo co club para romper o seu contrato, o que deixa ao Peixe Galego nunha situación comprometida e coa necesidade de acudir ao mercado a pesar das súas dificultades económicas

Simeón, nun partido do Peixe Galego Cristina Saiz

A can fraco, todo son pulgas. Cando o Peixe Galego empezaba a deixar atrás as lesións e recuperouse con dous triunfos consecutivos, en apenas 24 horas viu como era superado polo seu rival en Mallorca e como perdeu a un novo xogador, José Simeón.

O base valenciano solicitou a baixa federativa alegando "motivos personales", o que deixa aos de Marín nunha situación comprometida, obrigados a acudir ao mercado polas saídas de Cabanas e o propio Simeón pero inmerso nunhas dúbidas económicas que dificultan calquera operación.

Luis Santiago: "Es un problema añadido a los múltiples problemas que tenemos"

"Es un problema añadido a los múltiples problemas que tenemos", sinala Luís Santiago. O dirixente peixe recoñece que agora mesmo "tenemos un déficit en varios puestos, sobre todo en el juego interior", xa que no perímetro a chegada de Jorge Romero cubriu o oco deixado por Alec Kobre.

Simeón, que nas últimas xornadas foi baixa no equipo por problemas físicos e que xa non viaxou coa expedición a Mallorca, deixa o clube tras participar en 20 partidos cunha media de 5,6 puntos por encontro.

Aínda que "está claro que hay otro club que lo quiere", o Peixe Galego non puxo impedimentos e "hemos llegado a un acuerdo", explica Santiago.

Agora a directiva marinense busca no mercado para completar o plantel. O feito de gozar esta semana de descanso pola disputa de Cópaa Princesa dá certa marxe de manobra, pero non demasiada. En todo caso o prazo dado pola Federación para inscribir novos xogadores finaliza aínda o 28 de febreiro.