Motores a punto para o V RallyMix Concello de Portas

Umia
26 de agosto 2025
Actualizado: 10:43

A Escudería Portas Motor presentou este luns a quinta edición do seu rallymix, que se disputará o sábado 30 de agosto como quinta cita puntuable do Campionato Galego

Presentación do V RallyMix Concello de Portas Deputación de Pontevedra

O V RallyMix Concello de Portas conta as horas para que os motores empecen a ruxir.

A Escudería Portas Motor presentou oficialmente a proba, quinta cita puntuable do Campionato Galego, na adega Terras de Lantaño e coa presenza do presidente da Deputación, Luís López, e do alcalde, Ricardo Martínez.

Será unha competición que máis aló das verificacións e reconicimientos previstos para o venres 29, concentrarase na xornada do sábado 30 de agosto.

En total os participantes completarán catro pasadas cronometradas a partir das 9.30 horas da mañá.

O percorrido, que combina terra e asfalto, foi compartido pola escuadra organizadora cun vídeo en cámara onboard, explicando que "a sección inicial combina tramos coñecidos con partes totalmente inéditas, que logo enlazan cunha zona intermedia e final que xa vos soarán de edicións pasadas".

A falta de tres probas para o final do Campionato Xunta de Galicia de RallyMix, a clasificación xeral do certame está liderada por Javier Ramilo con 156 puntos, vencedor de tres do catro rallyes disputados, seguido de Alfonso Ventín (102) e Antonio Viloria (96).