Confiaba Luisito a principio de semana non contar ante o Izarra con máis baixas que as coñecidas por lesión de Pablo Carnero e Capi, pero o adestrador granate atopouse cunha desagradable sorpresa.
Adrián Mouriño non poderá viaxar a Navarra co resto do equipo por culpa dunha intervención cirúrxica.
O centrocampista, que aínda estaba a recuperar o seu mellor estado de forma tras a apendicite que sufriu a finais de decembro, debe volver operarse para drenar os restos do absceso hepático derivado daquela convalecencia.
Trátase dunha leve intervención, pero Mouriño ten que ingresar nun hospital vigués o domingo para ser operado o luns, polo que a súa presenza ante o Izarra faise imposible.
Se todo sae segundo o previsto poderá retormar os adestramentos despois dun par de días de descanso.