Nando Álvarez, adestrador do TM Monte Porreiro: "hay mucha incertidumbre y no se sabe si se acabarán las ligas"

Pontevedra
23 de marzo 2020

O Tenis de Mesa Monte Porreiro é outro dos equipos da cidade que se está vendo prexudicado polo Estado de Alarma polo coronavirus, xa que a Federación tomou a decisión de aprazar todos os encontros das competicións das Ligas Nacionais ata nova orde  

Nando Álvarez (dereita) no encontro entre o TM Monte Porreiro e o Hispalis
Nando Álvarez (dereita) no encontro entre o TM Monte Porreiro e o Hispalis / Diego Torrado

O Tenis de Mesa Monte Porreiro é outro dos equipos da cidade que se está vendo prexudicado polo Estado de Alarma polo coronavirus. 

O adestrador do equipo, Nando Álvarez, explicou que a situación ao principio vivírona "con mucha incerticumbre y tremenda preocupación, sobre todo por los chicos de fuera". No momento no que se empezou a falar do peche de fronteiras o equipo pontevedrés encheuse de "caos", "pero por suerte salió todo bien y no tuvieron ningún problema para viajar", comenta aliviado.

En canto á saúde e ao estado dos deportistas "ellos están bien y al final es lo que cuenta". Están a seguir un plan para non perder a forma física realizando exercicios de mantemento para así poder afrontar da mellor maneira a recta final da tempada, aínda que existe "mucha incertidumbre y no se sabe si se acabarán las ligas" xa que a Federación de Tenis de Mesa notificou estes días que a partir do luns 23 de marzo e ata nova orde, quedan aprazados todos os encontros das competicións das Ligas Nacionais.

A Federación tamén ampliou o prazo de inscrición dos Campionatos de España. O equipo de Monte Porreiro tiña pensado participar no de Valencia que se ía a disputar en xuño "íbamos una delegación grande, pero me da que se va a suspender todo", explica.

A pesar diso está feliz pola tempada que estaba a realizar o club. "Estaba siendo una temporada espectacular. Hemos disfrutado como nunca y el equipo estaba en una forma buenísima, sobre todo mental, y eso se notaba en los resultados", non só do primeiro equipo masculino, senón tamén nas mozas de división de honra que "estaban a realizar unha tempada tremenda", permitindo debutar a Mariña García (12 anos e Campioa do Estatal), Laura Forte (13 anos) e Mar Rivas (actual Campioa Galega Infantil) e facendo que a sección feminina aumente.

Con respecto ao que sucederá, Nando pide "calma e colaboración" para levar a situación o mellor que se poida e así mitigala canto antes. Mentres tanto, o deporte non o abandona nin a el, nin ás súas dúas fillas, que montaron a súa cancha de tenis de mesa con libros e así facer máis levadío o reto 'Quédache na casa'.